Licenciada en Ciencias do Mar, Máster en ciencia e tecnoloxía de produtos da pesca. Técnica en implantación de sistemas de xestión de calidade, medioambiente e prevención de riscos laborais. É formadora de formadores e docente acreditada para formación en liña. Formada tamén en especialización en plans de igualdade.
É socia traballadora de Gálica Consultoría e formación S. Coop. Galega dende 2017 e Responsable da área Comercial e Desenvolvemento de Proxectos, ademais participa na consultoría e accións formativas. Experta en implantación de sistemas de xestión, auditoría e certificación.
Por outra banda, é colaboradora da Cámara de Comercio de A Coruña como docente nas accións formativas para a mellora da empregabilidade de persoas incluídas nos programas PICE ou POEFE. Posúe experiencia profesional no ámbito da formación e consultoría de máis de 20 anos en sectores como o naval, construción, petroquímicas, alimentación, etc.